Interesante partido entre o Monterroso e o Castroverde, pena que o campo estivese en malas condicións, na que as ocasións se sucederon por parte dos dous equipos e só o terceiro gol decidiu o partido e a oportunidade de non descolgarse na loita polo ascenso. |
Na primeira xogada do partido un pase a Albino que manda de primeiras á banda colle á defensa despistada e Carlos remata por baixo ante a saída precipitada do porteiro local. Pero ó pouco nun centro dende o lado dereito o balón peta na man dun defensa e o árbitro pita penalti, e Guerreiro demostra a súa calidade no lanzamento ó lado esquerdo, enganando ó porteiro. Aínda que os visitantes seguen inquedando a meta local, nun rexeite de Chino ó chocares cun defensa permite que o dianteiro recolla un balón morto na área pequena e só teña que rematar por dentro da portería. Ademáis un choque desafortunado fai que Óscar teña que ser cambiado por Tino cun forte golpe na espalda.
Na segunda metade o Castroverde sale dos vestiarios decidido a remontar, e sucédense as ocasions por parte dos dous equipos, ata que no 72' un tiro dende fora da área peta en Manuel (que xogou a segunda parte de central pola lesión de Adrián) e engana a Chino que só pode ver entrar o balón nas mallas daportería. A partir deste momento, o Monterroso é dono do partido e ten algunha oportunidade clara para marcar que non soupo finalizar.
Agora toca pensar no Paradela, partido moi importante que hai que gañar para pasalos na clasificación, e que esperamos que os siareiros se animen a vir ve-lo partido o Domingo ás 16.30. Pola nosa banda tentaremos brindarlles a vitoria.