Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Bo partido na Veiga do Olmo no que o Castroverde plantou cara ó líder destacado da categoría, aínda que o mellor xogo e sobre todo a maior pegada do rival resultaron decisivos para o desenlace do mesmo.

Nos primeiros minutos o equipo visitante pasou por enriba do local, bastante descolocado e xogando varios minutos con dez pola lesión do capitán Pereira, que sentiu un pinchazo na perna dereita nunha carreira, e que ten unha rotura fibrilar que o apartará dos terreos de xogo por un tempo. Pero a partir do cuarto de hora de xogo igualáronse as forzas, e os locais melloraron no xogo e tiveron algunha oportunidade de gol.

Na segunda metade foi máis do mesmo, pero as forzas do Castroverde diminuíron e o Calasancio fíxose co balón, e nos últimos minutos fixeron o primeiro gol gracias a unha internada pola banda cun pase atrás que remata dentro da portería local. Pouco despois, co equipo local á desesperada, un saque en longo do porteiro que bota dúas veces e chega á área onde o dianteiro marca fácil gracias á mala saída do meta local.

 O Castroverde parece que recupera a competitividade, a ver se contra o Monterroso mellora os resultados.