Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

Un inxusto castigo o recibido polo castroverde diante dun Palas que non fixo os méritos necesarios para levarse o partido cun resultado tan abultado o seu favor.

Nunha primeira parte onde o castroverde dominiou e tivo as mellores ocasions, nun inocente saque de banda a favor do castroverde o centro da defensa, naide logra despexar e o Palas atopa o seu primeiro gol. Inmerecido gol, despois do control no xogo, e lograr as mellores ocasions sen lograr concretar. Pero nada cambiou, o castroverde intentou nivelar sen eficacia e o palas intentaba sentenciar a contra.

Na segunda, e a pesar de que o Palas saliu máis entonado que na primeira parte non foi quen de superar a Chino nos primeiros minutos. Coa saída de Richard o equipo mellora no seu xogo, e forza unha expulsión. A xogada que puido cambiar o partido foi un claro penalti a favor do Castroverde no que o árbitro pita a falta previa a Jose fóra do área cando o segundo agarrón se produce dentro. Incomprensible decisión que puido cambiar o partido pero non foi así. Cando mellor pintaba para os intereses visitantes, unha contra con disparo o primeiro pau pon o 2 – 0. Un mazazo moi duro do que non se puido sobrepoñer o equipo. Aínda que con superioridade, con este resultado tan desfavorable o equipo desconpuxose. Iago e boa acción persoal puido poñer algo de interese pero non era a tarde. Así pouco despois o Palas sentenciaba cun terceiro e un útimo cuarto gol de penalti(despois de fallar outro máis).

Inxusto e excesivo castigo diante dun Palas que intentaba cortar o ritmo de xogo en todo momento e do que se espereba moito máis, tanto pola súa posición na tabla como polos seus obxectivos. A recuperar a confianza e afrontar a difícil salida diante doutro rival do que se espera moito, o Sober.