Victoria agónica a conseguida pola SD Castroverde na Veiga do Olmo e diante do San Lázaro, nunha segunda parte para olvidar. A ventaxa de tres goles conseguida na primeira parte foi finalmente suficiente para conseguir a segunda victoria consecutiva do ano nun partido no que ambos equipos dispuxeron de oportunidades para marcar, aínda que o resultado final da boa conta da ambición local.
Foi de novo Jose o que inaugurou o marcador e adianta o Castroverde despois de varios rechaces debaixo da portería visitante. Non se conformaban os nosos con ese resultado e foron a polo segundo obra de Manuel o saque dun corner no que a pasividade defensiva visitante quedou patente. Gol de Manu, e xa unha ventaxa de dous goles. Gelo tamén se quixo unir, e con outro gol preto de chegar o descanso amplía a ventaxa. Quedaba o partido perfecto para ver a mellor versión dos contragolpes locais.
A segunda metade comezou inalterable, cun claro 3 – 0. O san lázaro seguía co seu ritmo plano, sen alternativas, pero nunha xogada aislada marca un gol que lle da certa vida, ante un rival cansado e acomodado no resultado. A 15 para o final, un disparo que marcos non acerta a atallar fai que Jorge marque o segundo, tamén ante a pasividade defensiva local.
Os minutos finais foron de nerviosismo por parte dos dous equipos, pero o marcador xa non se movería, a pesar do amplio desconto do árbitro do partido. Quinta victoria consecutiva do Castroverde que o sitúa a tan so 6 puntos das posicions de ascenso. Os próximos partidos serán claves para achegarse aínda máis o ascenso ou manterse na zona media da tabla.