Gran victoria a conseguida no Luis Gorgoso diante do Atlético Muralla, un rival que ata este momento tan so perdera un partido na casa. Foi un partido sen un gran fútbol que se levou o máis eficaz de cara a portal rival.
Sin a tensión e emoción da temporada pasada, o partido era máis ben aburrido con escasas ocasions de gol. As máis claras para o Castroverde a pesar de non ter o control nin a posesión do balón. Jose puido adiantar por dúas veces os visitantes, pero na primeira metade non se moveu o marcador.
Na segunda parte, os dous equipos buscaron o gol da victoria, cada quen coas súas armas. O castroverde estaba seguro atrás e case non sufriu, so con balons lexanos o centro da área, que javi despexa unha e outra vez. Jose avisa de novo pero non pode marcar. Sí o fai a falta de uns 15 minutos, nunha das únicas subidas do lateral, Bruno pon coa súa perna mala un centro que jose so ten que empuxar cara gol. Un gol que valeu o partido. Pouco cambiou a raíz do gol e o castroverde aguantou con suficiencia o marcador.
Tres puntos máis que colocan o equipo na zona tranquila da clasificación, e a pesar do mal inicio a tan só 7 puntos do ascenso e a 11 do descenso. A donde hai que mirar? Próxima parada o San Lázaro, despois do inxusto empate no último minuto do partido da primeira volta, na Veiga do Olmo.