Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

 Resumo da liga regular

 

Bo ano no Grupo Centro da Segunda Rexional no seu retorno á categoría para o Castroverde, aínda que a derrota (1-0) na derradeira xornada (14/05/2002) contra o Pol que lle impediu xoga-la promoción de ascenso pode deixar unha impresión errónea do mesmo. Finalmente clasifícase terceiro con 49 puntos; o Guntín foi campión con 57 y ascendeu á Primera Rexional; segundo foi o Corgo con 51, que tivo que disputa-la liguilla de ascenso contra Muimenta e Monterroso (19/05/02 Corgo 3-3 Muimenta; 26/05/02 Monterroso 0-2 Corgo; 03/06/02 Muimenta 3-1 Monterroso) e logrou ascender. Por detrás do Castroverde e con opcións de ascenso quedaron Castro (47), Pol (47) e Palas (47). Os números da tempada regular foron:

    Posto     Puntos      Xogados      Gañados      Empatados      Perdidos     Goles a favor     Goles en Contra

S.D. Castroverde    

 3º  49  26  15  4  7  49  34

 

Na parcela individual destacar a Marcos Veiga, que foi incluído 7 veces no equipo da semana,  o que lle supuso a súa selección como membro do equipo ideal da tempada 2001-2002 de toda a Segunda Rexional.

  Os seguintes dous fins de semana non houbo competición porque o Grupo Norte de Segunda Regional tiña duas xornadas por disputar ó estar formado por un maior número de equipos.

 

 

 1ª eliminatoria: Castroverde 5 – 0 Baralla – 05/05/2002 (18.00h) "Veiga do Olmo"

Castroverde: Chino, Rubén, Freire, Pereira, Pedro, David, Manolo, Ríchard, Héctor, Marcos Veiga e Javier. Tamén xogaron Chechu, Tati e Carlos.

   Baralla: Boris, Manolo, Pablo, Ferretero, Marcos, Xavi, Carlos, Clement, Christian, Guti y Nacho. Tamén xogaron Quiroga, Calebron e Pedro.

  Goles: Manolo (2), Javier, Marcos Veiga y Héctor.

   Partido disputado na "Veiga do Olmo" con boa asistencia de público na que o equipo local foi moi superior, o que se reflicte no marcador gracias ó acerto dos atacantes do Castroverde. 

 

 2ª eliminatoria: Castroverde 3 – 1 Pol – 12/05/2002 (18.00h) "Veiga do Olmo"

Castroverde: Marcos, Rubén, Freire, Carlos, Pedro, David, Manuel, Pereira, Ríchard, Marcos Veiga, Javi. Tamén xogaron Tati e Héctor.

  Pol: Juanmi, Roberto Carlos, Yimi, Manolo, Eiras, José Carlos, Diego, Treitas, Corgo, Nito y Labrada. Tamén xogaron Roberto e Abel.

  Goles: Javier (2) y Héctor para o local; Labrada para o visitante. 

  O Castroverde eliminou da Copa ó Pol tras impoñerse por 3-1 nun partido de fútbol espeso y no que a actuación arbitral foi moi protestada polos xogadores de ambos equipos (o colexiado Carlos Arias expulsou a Corgo e ó delegado do Pol).

  Por parte local destacaron Ríchard e Javi; no Pol os mellores foron Manolo e Labrada.

– Outros resultados: Meira 1-1 Castro (Gaña por penalties o Castro); San Román 2-3 Roupar; Oural 2-3 Rubián.

 

 3ª eliminatoria: Castro 1-3 Castroverde – 19/05/2002 (18.00h) "Municipal de Castro"

Castro: Iván, Quintas, Rafa, Quique, Prieto, Marco, Yordi, Moirón, Nino, Juan e Miguel. Tamén xogaron Pablo, Fernández e Victor.

  Castroverde: Chino, Rubén, Jose, Pere, Pedro, Manu, Capón, Ríchard, Héctor, Marcos Veiga e Javier. Tamén xogaron Castedo, Jose Manuel e Albino.

  Goles: 1-0 Moirón, 1-1 Javier, 1-2 Marcos Veiga, 1-3 Marcos Veiga.

O CD Castro despídese da Copa Diputación tras perder no seu campo ante o Castroverde, equipo que soubo aproveitar mellor as súas ocasións de gol. O árbitro Corredoira García expulsou a Fernández.

  Por parte local destacaron Quique e Moirón. Entre os visitantes, os mellores foron Marcos Veiga e Javier.

  – Outros resultados: Rubián 0-0 Incio (Gaña por penalties o Rubián); Roupar 2-1 Cabreiros; Rioaveso 3-0 Goiriz. 

 

Cuartos de Final: Rioaveso 1-2 Castroverde – 26/05/2002 (18.00h) "Os Milagros"

Rioaveso: Alberto, Daniel, Óscar, Paco, Jesús, Pernas, Lozano, Míchel, Raúl, Félix e Senén.

  Castroverde: Marcos, Prieto, Freire, José, Besteiro, David, Manolo, Ríchard, López, Veiga e Otero. Tamén xogaron Manuel e Javier.

  Goles: Míchel polos locais; Veiga e Manuel para os visitantes.

O Castroverde medirase ó Roupar nas semifinaies da Copa Diputación da Segunda Rexional tras eliminar ó Rioaveso a domicilio. O equipo local non puido contrarresta-la ventaxa de dous goles que logrou o cadro visitante. O colexiado José Luis Cabanas Parrado expulsou ó xogador local Pernas. 

– Outros resultados: Rubián 2-0 Sober, Roupar 1-1 Xermade (Gaña por penalties o Roupar).

 

 Semifinais:  Roupar 0-4 Castroverde – 02/06/2002 (18.00h) "Campo Novo de Roupar"

Roupar: Miguel, Choupi, Picos, Mosto, Gonzalo, José, Cabanela, Diego, Óscar, Dani e David. Tamén xogaron Eloy e Marquitos.

Castroverde: Chino, Rubén, Antón, Pérez, Pedro, David, Manuel, Ríchard, Albino, Marcos Veiga e Javier. Tamén xogaron Manolo, Chechu e Tati.

  Goles: 0-1 Marcos Veiga (penalti)(15'), 0-2 Albino (68'), 0-3 Ríchard (78'), 0-4 Manolo (90').

  O Castroverde disputará a final da Copa Diputación para clubes de Segunda Rexional o domingo  no municipal de Outeiro de Rei ante o Rubián, tras impoñerse onte en Roupar por 0-4 no partido arbitrado por Rubén Eiriz Mata.

O partido foi tremendamente igualado ata o minuto 68', cando Albino marcou o 0-2 y truncou o bo xogo do conxunto local. Tras este gol, a moral do equipo local veuse abaixo, namentres que os visitantes sentenciaron á contra.

Por parte local destacou Óscar e Gonzalo; nos visitantes sobresaíron Marcos e Ríchard. 

– Outros resultados: Paradela 0-1 Rubián (gracias a un penalti nos últimos minutos).

 

Final: Castroverde 0-0 Rubián – 09/06/2002 (18.00h) "Municipal de Outeiro de Rei"

 

O Castroverde alzouse vitorioso na final da Copa Diputación da Segunda Rexional ó impoñerse por 3-1 ó Rubián nos lanzamentos de penaltis, despois de finaliza-lo partido con empate (0-0).

O partido foi igualado na súa maior parte, aínda que o Rubián disfrutou de máis ocasións de gol, pero as intervencións do meta Marcos fixeron posible que o Castroverde mantivese as súas opcións de victoria ata o final.

A dirección no xogo de Ríchard e a calidade do delantero Marcos non foron suficientes para superar a un Rubián mellor organizado en tódalas súas líneas. O Castroverde era superado por un adversario que exercía o control do partido cunha maior posesión do balón. A pesar do empuxe o Rubián non puido materializa-las ocasións. Seijas estivo moi presente na primera mitade pero o acerto de Marcos volveu impedir que o marcador se alterase. Armesto y Suizo foron as bazas ofensivas do Rubián tra-lo descanso pero o seu protagonismo non tivo recompensa. Suizo fixo un grande esforzo físico e rematou esgotado tra-las numerosas incursións.

Nos penaltis volveu ser decisiva a actuación do meta Marcos ó deter os lanzamentos de Eloy e Chavi. Humberto lanzara con anterioridade outro penalti fóra polo que o marcado por Choqui foi insuficiente ante o acerto dos xogadores do Castroverde Marcos Veiga, Cabanela e Manuel que asinaban o definitivo 3-1.

 

O técnico do equipo campión viu un encontro «moi igualado»

Antonio Pereira, adestrador do Castroverde, mostrouse satisfeito co triunfo conseguido onte. «Foi  un encontro moi igualado, con ganas de vencer por ambas partes. Os dous equipos tivemos ocasións e ó final decidiu a sorte dos penaltis», dixo.

Sobre o significado do triunfo, Pereira sinalou que «é moi importante para min, porque é a primeira campaña que adestro ó Castroverde. Estivemos loitando polo ascenso á Primeira Rexional ata a derradeira xornada e agora gañamos a Copa ante un gran rival».

 

Santolao.

O técnico do Rubián, Santolao, declarou tra-lo partido que o resultado non foi xusto. «O dominio do xogo foi noso, as ocasións tamén, pero enfrente había un excelente porteiro, que foi a clave da nosa derrota», indicou.

 

«A sorte sempre é a que decide nos penaltis e, nesta ocasión, os meus xogadores só marcaron un e eles, tres», engadiu.