Importante triunfo da Sociedade Deportiva Castroverde diante dun correcto Arenas na primeira pero que na segunda se viu superado en todo momento.
Non foi un partido brillante e vistoso nunha primeira parte de tanteo dos dous equipos. As ocasions chegaron máis para os locais, con dous balóns o pau de Juán. Os visitantes tamén tiveron as súas con dous balons que chino ben colocado acerta a despexar. Juán a terceira si supera o mellor dos visitantes, o porteiro, que deixou a pesar de encaixar cinco goles unha grata impresión.
Na segunda o dominio foi total e claro para o castroverde, que no inicio puxo terra de por medio con goles de Jose e outro de Carlos. A partir de ahí relaxación e algunha ocasion clara para os visitantes. Carlos fai o quinto cun golazo. As ocasions continuaron a mans de Antonio e Manel (anulanlle un gol en posición dudosa), os cadetes, que neste partido demostraron a súa valía.
Con este triunfo o Castroverde ascende unha posición na clasificaión, e colle un pouco máis de aire de cara ao comezo da segunda volta, para deixar definitivamente atrás os postos de peligro da segunda rexional.
O próximo partido será diante da residencia, xa no mes de xaneiro, pero ante un amistoso este domingo e diante do pastoricense.