Duelo interesantísimo na parte baixa da segunda rexional, que da un pouco de aire o castroverde, e deixa o laxosa un pouco máis cerca do descenso, añinda que nada aínda é definitivo.
Xa no minuto cinco de partido empezaban a caer os goles. O castroverde adiantabse por medio de albino tras un bon pase de juán. Parecía encarrilado, pero cinco minutos despois o laxosa dalle a volta o marcador en sendas faltas, unha de cada costado. Un a dous, minuto 15. Pero o castroverde non se rendiu e antes do descanso deu a volta o marcador con dous goles, de Albino e Jose.
Na segunda seguiu con este intercambio de golpes. O Laxosa recortou de novo e puxo un escaso 3-2 outra vez a balón parado. Pero o castroverde non deu pe, e pouco despois Jose fixo o cuarto. Javi de cabeza sentenciaba co quinto. O laxosa apretou de novo e recorta nunha falta maxistralmente lanzada 5-4. Resultado que aínda non se movería a pesar dos esforzos visitantes, e da defensa implacable da SD.
Partido que había que gañar para saír dos postos baixos e coller aire de cara os próximos compromisos. Próxima parada Santa Comba, no campo de Tras do Novo.