Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

SD Castroverde e Taboada empataron sen goles no encontro que disputaron este pasado sábado na xornada 14 desta segunda rexional.
Tanto locais coma visitantes non completaron un gran encontro, aínda que o cadro o castroverde pode estar satisfeito tras puntuar nun campo tan difícil. Non houbo goles e apenas houbo ocasións de gol, pois o Taboada estrelábase unha e outra vez contra a maraña defensiva visitante e o Castroverde renunciou ao ataque dende o comezo do encontro, de aí que nin un nin outro porteiro tivesen moito traballo ao longo dos 90 minutos. O Taboada foi o que levou sempre o peso do encontro aínda quecon pouca profundidade e sen apenas ocasions claras de gol. Puideron levarse o partido nun penalty moi dudoso (posiblemente fóra da área) que chino atalla perfectamente. Pero tamén o puideron facer os visitantes se Tino superara nun man a man que o porteiro adiviñou perfectamente.

Empate quizais xusto polas ocasions de uns e outros, aínda que o taboada non lle convence este empate logo de facelo tamén os equipos que o superan na clasificación.

A vindeira oportunidade para volver o triunfo será contra o Laxosa na casa. Un partido decisivo para saír dos postos baixos da clasificación.