Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Mal partido o presenciado este domingo na Veiga do Olmo entre o Castroverde e o San Roque, nuha tarde chuviosa que presaxiaba o que sucedería máis tarde no terreo de xogo.

Cunha primeira parte de dominio alterno, eso si, tendo os locais as ocasións máis claras, por como exemplo un man a man que falla Jose, no que puido ser o un a cero. Non foi así e con empate inicial se chegou o descanso.

  A segunda comezaba ben para os locais, con un gol de Manu na sua especialidade, de cabeza no saque dun corner. A partir de ahí viuse a peor cara do Castroverde. Rifando o balón, e non tendo paciencia para tocar e desesperar o rival. Coa sustitución de Gelo que estaba a ser o mellor sobre o campo, repregar o equipo atrás e a esperar que eles non marquen. Non foi así. A pesar da gran actuación do porteiro Marcos con auténticos paradóns, eles conseguen dar a volta o resultado e para máis inri nos sufrimos duas expusións. Unha nun claro penalty de pereira sobre o dianteiro visitante que supuxo o principio do fin para as aspiracions locais.

  Mal presaxio para o partido ante o Taboada, terceiro na clasificaión, que ante o elevado número de baixas e sancións, recibirán a un moi desdibuxado. A intentar da a sorpresa e poñer distancia de por medio cos tres últimos clasificados.