Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

Nunha tarde chuviosa e con moito aire, obligou os xogadores de un e outro equipo a un esforzo extra. A SD quedouse cos tres puntos nun sufrido partido, no que os locais tiveron unha ocasión de falta xa no desconto que desperdiciaron.

O paradela planteou un partido peleado no que non se veu abaixo a pesar do gol de albino, que culmina un centro desde a banda de Richard. Albino tivo outras duas boas opcions de aumentar a ventaxa. Non puido ser e tras un fallo inocente na defensa chega o empate do partido. Pocuo máis tivo a primeira parte.

Nunha segunda con máis precaucions por parte dos dous equipos a sd voltou a adiantarse tras varios rechaces na área pequena. Tras esto os locais pecaron na precipitación, o xogo entre líneas escaseaba e so con centros o área poñían en perigo a portería visitante. Aínda que o castroverde por momentos parecía coas líneas separadas freou moi ben as acometidas locais.

O paradela non chegou o gol e o castroverde defenduse con orde, podendo incluso ampliar esa ventaxa, nun campo nunhas excelentes condicions.