Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

A sd castroverde cedeu hoxe unha nova derrota na casa e diante do Monterroso por un claro 0-3. Un excesivo castigo para os méritos de uns e outros.

Na primeira parte, o partido estivo igualado, muy disputado e con ocasions repartidas, no que a balanza se podía inclinar a favor de cualquera dos dous conxuntos con ocasions de Jose e Albino. Para desgracia dos locais, pouco antes da conclusión da primeira parte, os visitantes lograron porse por diante no marcador nun balón morto no centro da zaga que non chega a despexar nigún dos centrais. Un fallo un gol. Un duro golpe para a sd que saiu moi botado atrás defendéndose ben, pero sen apenas lograr ocasións claras de gol. O monterroso marcou primeiro e a partir de ahí e a remolque pouco se puido facer.

Trala reanudación mantivo o plantexamento, pero outra vez perdonando ocasions claras. Foi demasiado contra un equipo que pouco despois marcou o segundo. Cambios continuos nas posicions dos xugadores, muita distancia entre líneas e pouco ánimo xa para remontar un partido que xa controlaban os visitantes. Así chegou o terceiro e definitivo gol.

Aínda así o resultado foi demasiado contundente ante un rival que con oficio pero sen facer moito máis, se levou o partido.