Calansacio e Castroverde dirimiron na tarde de onte un interesante enfrontamento, entre dous equipos que parece que están chamdos a obxectivos diferentes. Mentras que os monfortinos necesitan a victoria para asentarse como primeiros clasificados, a sd quere sair deses últimos postos e vivir con máis tranquilidade. O final, un solitario gol no primeiro minutos de xogo, deu un permio excesivo a un lider que non mereceu tanto.
O encontro estivo moi marcado polo trempraneiro gol de Iván, que lle pega mordido e frouxo despois dunha carambola que lle pon o balón ao seu alcance que o proteiro nada pode facer. Con esa pesada lousa o castroverde seguiu aturdido, e foi neses intres cando o Calansacio despregou o seu mellor xogo, con un dominio claro do medio campo e perigo nas súas chegadas. Pero pouco a pouco o castroverde foise vindo arriba, e dispuxo de algunha ocasión de gol, unha de Gelo e outra de Jose. Pero o resultado non se moveu e chegouse o descanso con ese escaso 1- 0.
Xa na reanudación, con cambios na alineación, para intentar contrarestar o dominio do dos locais, o castroverde foi superior en todo momento nese mediocampo con Marcos e Richard, e así foi como dispuxo das mellores ocasions. O adestrador local non o vía claro, e reforzaba o medio campo, con novos xogadores, pero non deu resultado, o castroverde seguí subindo o nivel, e dispuxo de boas ocasions tanto de Albino como de Jose, pero sen sorte. E xa no último cuarto de hora, o todo polo todo, con 3 defensas e a intentar ir a polo partido, continuando a dominar o centro do campo. Ahí foi cando o protagonismo do árbitro se fixo moi patente e pita un riguroso penalty a favor dos locais. Paradón de Marcos e a seguir intento a remontada, que non se puido dar nesta ocasión.
Así se chega o final deste interesante choque, con bo futbol no que o calasancio sigue o fentre da clasificación e o castroverde terá que seguir a luitar para mellorar as súas prestacions.