Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 A Barrela non foi rival para o Castroverde que sumou a súa primeira victoria da temporada tras impoñerse por 6 – 1. Xa na primeira parte, e cun catro a un deixaron o partido prácticamente sentenciado. Con dous puntas claros, e unha alineación ofensiva non deu opcions o seu rival, e so deu sensación de perigo a balon parado.

A segunda mitade baixou algo a intensadade e o ritmo, o castroverde controlou o marcador e evitou que a Barrela lograse un tanto que o acercase de novo no marcador. Sobrou para os dous conxuntos, que xa daban por bon o resultado, aínda que se puideron ver dous goles máis.

Destacou outro novo debut nas filas do Castroverde, outro cadete tamén de vilacote, desta volta Manel, que estivo floxo no seu debut. Tamén destaca os tres goles de Jose, a seguir con esa racha.

Logo desta victoria o Castroverde colle un pouco de aire, e parece que recorda o equipo que estivo nos postos de cabeza a temporada pasada, ou é que o rival axudou? ahí está a duda. Este sábado e diante do lider, será unha boa pedra de toque…