Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

Unha Nova derrota da S.D. desta volta contra un dos teóricos favoritos de cara o ascenso, o Polvorín. Esta derrota, algo que xa empeza a ser o habitual, non foi un mal partido, tanto polo xogo, as ocasions ou os goles, pero si no resultado e nos puntos que se esfuman coma todas as semanas.

   Comezaba o partido con un Castroverde dubitativo e temeroso do rival, o que aproveitaba o Polvorín para marcar o seu primeiro gol de gran disparo tras un pase en longo dende a defensa.

   Unha vez que o Castroverde se asentou no campo, a base de mover ben o balón e con un mediocampo máis creativo que noutras ocasions e con dous puntas claros conseguiu empatar por medio de Marcos, ademais de crear boas ocasións de gol.

   Na segunda parte, comeza coa mesma sensación, o Castroverde consegue dar a volta o marcador con un golazo de Gelo, perdoa varias ocasións de gol claras, fai contragolpes con bo criterio, pero a hora da verdade volta a entregar un partido que tiña que haber controlado e amarrado.

  Para colofón Richard falla un penati que daría máis veraciadade o resultado final. 

  O máis salientable do partido foi o debut do cadete Antonio que deixou unha boa impresión dando un pase de gol, e ter unha ocasión clara que rexeitou un defensa.