O castroverde non conseguiu premio algún na casa, na Veiga do Olmo, e diante dun Palas que pouco fixo pero e que se levou un excesivo premio. O equipo local, aínda que cunha malísima primeira parte, con cambios continuos nas posicions dos xogadores, desconcertados estes, soupo recompoñerse e sobre todo na segunda parte con outro cambio máis de estratexia, o enésimo, acorralou o conxunto visitante replegado atrás e buscando a contra para ampliar a súa renta. O castroverde con este resultado entra en postos de descenso, a espera do Paradela – Laxosa, suspendido por un golpe ao porteiro dos visitantes, que tivo que ser evacuado en helicóptero do campo.
O palas basou o seu xogo nos fallos locais e os contragolpes, e nunca deu a impresión de ser un equipo agresivo, pero si con moita experiencia. Marcou nun pelotazo desde a esquina da área grande, e de espaldas a portería, e nunha contra. Pouco máis fixeron, e apenas gozaron de oportunidades claras para máis goles, excepto a contra do segundo, e de dominar o partido en muitas fases do mesmo
E é que o Castroverde non soubo utilizar da mellor maneira posible a súa mellor arma, o contragolpe. So puido anotar por medio de Richard nun penalty por mans dos defensas visitantes. Ademais a falta de gol condenou de novo a ceder os tres puntos diante dun palas que non mereceu os tres puntos. Así, esta derrota mete o castroverde nos postos de descenso a terceira rexional