Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

   Partido complicado o que lle esperaba o Castroverde co San Lázaro, cun campo en malas condicións e un rival no que prima a veteranía e o xogo sucio.

   Comenzaba ben o partido para os visitantes que en cinco minutos xa conseguira rematar o pao por medio de Carlos, e pouco despois Juan logra marcar tras pase de Richard a espalda da defensa. A primeira parte remataba con dominio visitante, e cun equipo local que non conseguia chegar nin disparar na portería de Marcos.

  A segunda parte nada tivo que ver coa primeira. O equipo local colleu o dominio do xogo, sen acerto nos últimos metros, e cun Castroverde pechado demasiado atrás que non soubo pechar o partido con contraataques clarísimos, contra unha defensa de tres. Cando xa parecía todo feito, pasaban máis de cinco minutos dos reglamentarios, chegaba o gol dos locais para deixar a S.D. sin a primeira victoria da tempada.

   Esperemos que os nosos teñan máis acerto de cara a portería no vindeiro partido, e non acusen tanto ese gran baixón físico que tanto preocupa.