Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 

Caeu o Castroverde nos octavos de final desta copa diputación 2009, na que tiña postas muitas esperanzas, e na que a presión da proximidade a final lle puido en certos momentos. Xa a previa do partido comezara quente, no que pouco ou nada se falou de fútbol.

 

Os dous equipos comezaron con precaucions, intentando que o equipo raival non dera o primeiro golpe. Foron uns primeiros minutos que se xogaron a impulsos que poñían en perigo a portería de uns e outros. O Castroverde por medio de balons parados, onde tivo as mellores ocasions, dúas clarísimas, e o muralla en tiros lonxanos.

O primeiro que deu foi precisamente o muralla o que cun potente e lonxano disparo desde fora da área colouse na meta defendida por Chino. A partir dese momento, e co muralla xa por diante o castroverde veuse un pouco abaixo. Non dominaba no medio campo e o equipo estaba incómodo co xogo do rival. A pouco do final desta primeira parte, o segundo, nun disparo raso cruzado desde o borde do área grande.

 

Na reanudación a casta dos visitantes e o cambio de sistema, con máis presencia no medio deu os seus frutos. Dominio dese medio campo, superado en toda a primeira parte, pero sen ocasioins claras. Pouco a pouco foise desinflando a SD, non chegaban as ocasions e o muralla estaba deixando esmorecer o partido. Nunha contra o terceiro e definitivo puxo terra de por medio, e máis cerca a derrota.

O muralla confirmou a súa superioridade física e o seu bo facer calsificandose para cuartos de final, o Castroverde queda apeado, e terá que agardar a próxima temporada para conseguir a sú segunda copa diputación. So queda pensar na próxima campaña, con novos ánimos e esperemos que con interesantes novedades.