Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

Un incasable Castroverde deu boa conta e ganou non sen dificultades a eliminatoria de segunda ronda da copa diputación ante un Residencia que nunca deu o partido por perdido.

A Residencia levou o partido o seu terreo, dominio do medio campo, no que sempre acumulou máis xogadores, e desplazamentos en largo cara os dianteiros, que pouco peligro creaban nas inmediacions da meta defendida por Chino. A pesar deste dominio visitante, e de dúas ocasions illadas, o Castroverde puido adiantarse por medio de Marcos V. que cruzou de máis o disparo ante a meta defendida por Manuel na ocasión máis clara deste primeiro tempo.

Xa na segunda, e coas espadas en alto, os dous equipos intentaron adiantarse no marcador, o que lles daría certa tranquilidade. No 10 desta segunda, Albino marca o primeiro para os locais ao recoller un disparo de Marcos V. Con este gol, parecía que o partido se encamiñaba cara o lado local, con xa certo dominio do xogo. Pero nun balón solto, Miguel empata para os visitantes cun tiro axustado ante o que nada pode facer Chino. Pero esto non rematou aquí, e Gelo quixo sumarse os goleadores, e fixo o segundo cun remate de calidade desde a frontal que supera por alto a Manuel. Para pouco máis deu o partido, a Residencia intentouno, máis con fe que con xogo, pero non puido marcar o gol que forzara a prórroga.

O Castroverde sigue ganando, desta volta a outro rival de superior categoría e coas ideas moi claras. Pero non hai que confiarse, o peor rival está sempre por chegar. Nos octavos espera o Muralla.