Web Oficial S.D. Castroverde

Un clube, unha paixón

 Todo queda pendente da para a volta nesta primeira eliminatoria entre becerreá e castroverde.

Dous equipos que parecían dispostos o empate,  un resumen moi concreto do que foi o becerreá castroverde de copa. Un partido pensado para o 0-0, e ese foi o premio que obtivo o Becerreá, que rematou con 10 xogadores.

A versión que plantexaba o Castroverde no inicio foi a habitual nos partidos de fóra da veiga do olmo. Intentabase aplacar a amenaza do xogo aéreo do Becerreá, o seu único peligro. Tivo a súa oportunidade o borde do segundo tempo, nun deses balons parados que rematou no poste, ocasión que lle serviu o Becerreá para soltar aire e encamiñar o duelo cara o descanso sen máis sobresaltos.

 

Ahí terminou (se é que existiu algunha vez) a versión ofensiva do becerreá, que dedicou todo os esfuerzos que lle quedaban a marcharse cara Castroverde cun gris empate baixo o brazo para un equipo recén ascendido a primeira rexional do futbol autonómico.

O descanso non rexistrou movementos nos banquillos, polo que pouco cambiaron as cousas no segundo. Unha expulsión absurda dun xogador local, e polos visitantes un mal entendemento entre porteiro e defensa local foron as xogadas destadas, aínda que foi insuficiente para obter un desenlace distinto.

A volta será dura, aínda que veremos unha versión mudada  tanto de becerreá coma de Castroverde. Entonces será a hora de cambiar o guión, será o momento de pasar despois de moitas campañas a segunda fase desta copa deputación 2008/2009.