SD Castroverde

Crónica: SD Castroverde - SD Becerreá | Oitavos de final | Copa Diputación 13/14

SD Castroverde vs SD Becerreá
1 0

Más información

Fecha del partido: Domingo, 01 Junio 2014
Fecha del partido: 18:00 h
Árbitro Fernando Díaz Martínez
 

Alineación titular

Porteiros
Defensas
Medios
Dianteiros

Adestrador
Delegado

Eventos

Hora Evento
99ImbatidoMarcos 'Rustu' Fernández González
86Tarjeta AmarillaJavier 'Rubio' Otero Varela (Mano)
77Salió Gabriel 'Gabi' Rodríguez González (Medios)
 Entró Marcos Quintas Ferreiro (Medios)
68GolBrais Rozados Núnez
53Tarjeta AmarillaIago 'Intenso' Fernández Parga (Zancadillear)
12Tarjeta AmarillaAlbino 'Albi' Fernández Monteagudo (Zancadillear)

 Sumario

O Castroverde Meréndase ó Favorito

becerrea

O SD Castroverde conseguiu bater ó vixente campión de liga e un dos firmes candidatos a gañar a Copa Deputación.

O partido antollábase complicado. En fronte un dos rivais máis duros da caterogoría. Os precedentes na liga e noutros anos na copa indicaban que unha derrota abultada sería o resultado. As opcións dos verdibrancos, inferiores sobre o papel, pasaban por unha defensa ben plantada. Como xa se viu durante a tempada, esta fórmula tende a dar os seus froitos ( 0-4 en Palas).

Na primeira metade o balón foi para os visitantes. O seu xogo normalmente básase en poucos toques e continuos cambios de orientación para aproveitar a velocidade dos seus interiores. Neste caso foi similar. Un tras outro buscaban a espalda dos laterais aínda que sen moito éxito. Conforme se acercaban a zonas perigosas, a defensa cortaba os ataques con certa solvencia. A pena era que os balóns roubados duraban pouco debido ó repliege de todo o equipo, o que dificultaba as saídas con velocidade. As combinacións morrían na adiantada defensa vermella. Visto que as diagonais non lles funcionaban optaron polo plan B, o balón parado. Córner tras córner levaban o perigo á portería defendida por un Marcos que retornaba á Veiga do Olmo logo duns meses lesionado.

Foron minutos de tensión para a SD. Nun deses córners, logo dun remate do Becerreá, Richard sacou o balón na mesma liña cando o gol parecía cantado. Lonxe de desanimar ó equipo, ésta ocasión salvada deulle máis forzas e conseguiron xerar ocasións de gol. A máis clara foi cando, logo dun gran pase do gemelo, Gabi regateou a un defensa e plantouse diante do arqueiro visitante. Buscou un tiro axustado ó pau esquerdo da portería, pero o balón non estaba pola labor de entrar e saíu pola liña de fondo polos pelos. Outra ocasión clara chegou nun lanzamento de falta do propio Gabi, que xogou un partido moi completo, pero estaba vez foi o mesmo pau o que rexeitou o disparo. Con empate sen goles chegouse ó entretempo. Os verdibrancos lograron manter a porta a cero no primeiro tempo.

A segunda metade encarouse co mesmo estilo de xogo. Un equipo replegado e velocidade na salida do balón. Os visitantes seguían coa posesión do balón pero cun menor control dela. O Castroverde comezou a ter máis o balón e a movelo con criterio. As chegadas con perigo eran dos locais, sen chegar a materializalas. O perigo levábano constantemente Carlos pola banda ou Gabi en punta por nombrar algún xa que todos rendiron a gran nivel. O ataque do Becerreá brillaba pola súa ausencia, non terminaban de entrar no partido. Cando mellor estaba a SD foi cando chegou o froito de ese esforzo. Nun córner sacado polo gemelo a defensa vermella non atina a despexar un balón que ía cerrado a baixa altura. Este balón atopouno Brais no corazón da área pequena e sen piedade inaugurou o marcador. Un gol de eses de estar ahí. O 1-0 do marcador era un resultado que reflexaba perfectamente o acontecido no campo.

O adestrador visitante moveu o banco e deu entrada a xogadores de refresco coa intención de meterlle unha marcha máis ó seu equipo, ó que o gol fixo moito dano. Os verdibrancos tamen meteron outra marcha máis en defensa. Cun gol que valía o seu peso en ouro, había que defender a morir. As acometidas do Becerreá eran constantes. Con combinacións por baixo, con bálóns en longo, con diagonais, a balón parado... Non había quen derrubara esa defensa que xa non eran futbolistas, parecían 11 espartanos. Houbo tamén tempo para a polémica. Os vermellos reclamaron varios penaltis aínda que o colexiado non viu penalti ningún. Desesperados acabaron con algún home menos froito das protestas. Cando parecía que o tempo non corría o colexiado pitou o final do encontro. Un pitido que mandaba ó Castroverde ós cuartos da Copa Deputación.

Victoria importantísma fronte un duro rival, sabendo sufrir e manexar o partido. En cuartos de final pelexaremos co Luis Pimentel por un posto nas semifinais. A cuestión agora é..

Hasta donde é capaz de chegar éste equipo?

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8