Volta á Senda da Vitoria

O Castroverde acadou os 3 puntos perante un Ferreira peleón nun desprazamento compricado, o que os sitúa na zona media da táboa.
 O partido comezou igualado. Ambos equipos tentaban xogar o balón, aínda que con mellor resultado para os visitantes, que combinando cunha boa presión obligaron ós locais a xogar balóns en largo. Éstes só conseguian crear perigo a balón parado. A SD combinaba e combinaba, e froito deso veu o primeiro tanto: parede entre Gelo e Carlos que este último define con calidade, alí donde o porteiro non pode chegar. Pouco máis se viu nesta primera parte, chegando con 0-1 ó descanso.
Na segunda parte o Ferreira deu un paso adiante. O Castroverde, falto de gasolina, replegou as líneas e tentou matar o partido nas contras. Os locais apretaban, colgando centros que a defensa conseguía despexar. Cando o seu gol parecía próximo foi a SD a que volveu perforar a portería local. Boa combinación entre Gelo e Richard que bate por baixo ó arqueiro. O partido poñíase de cara con 0-2. Minutos despois chegou a polémica. Javi toca o esférico co seu corpo pero o colexiado interpreta que lle da na man e sinala pena máxima. O tirador poñía o balón na escadra e ó seu equipo a 1 gol de empatar.Esto deu alas ós locais. ¡Qué sería deste Castroverde sen sufrir! Por fortuna o equipo aguantou o resultado.
En resumen, victoria importante pra o equipo. Agora a seguir coa boa racha perante un duro rival,o Palas, este domingo na Veiga do Olmo.
- Bruno - |