SD Castroverde

Noticias

Entrevista a Gabi

Na súa segunda etapa na S.D. Castroverde, Gabriel Rodríguez González, Gabi, segue a demostrar unhas dotes futbolísticas e humanas que o fan unha persoa moi querida dentro do vestiario. Tan sonados son na Veiga do Olmo os seus regates e recursos técnicos como as bromas que se trae cos compañeiros dentro do vestiario. Persoas alegres, divertidas e simpáticas como Gabi sempre son necesarias dentro dun equipo. 

1- Como chega o equipo a xornada de descanso?

O equipo chega ben, líderes despois do empate do Monterroso co Rio Sil. Por outra parte coincide ben xa que temos unha semana máis para recuperar a xente que está lesionada e poderá chegar o partido de Laxosa.

 

2- Que te levou a fichar pola SD?

A verdade e que fichar pola SD foi algo inesperado. Pódese dicir que os motivos polos que fichei foron 3. Por unha parte gardaba un moi bo recordo da miña anterior etapa en Castroverde. Por outra a opción de compartir vestiario con amigos como Rois, Gigán ou Fran tamén me animaba moito, e a todo isto hai que sumarlle que na SD volvo compartir vestiario con meu irmán, Tonci.

 

3- Como foi a túa adaptación ó equipo?

A adaptación foi moi boa. A xente que compón o Castroverde é excepcional. O día a día é unha gozada, nunca tes unha mala cara, unha mala palabra e iso a estos niveis é algo fundamental. Ó longo da semana estás esperando que chegue o domingo para xuntarte cos compañeiros e desfrutar do fútbol.

 

4- Cales son as claves para conseguir o ascenso?

Si gañamos todos os partidos ascendemos!! (risas). Eu creo que o ascenso vaise decidir nas últimas xornadas nas que hai enfrontamentos directos entre os equipos que estamos pelexando polo ascenso.

 

5- Que podemos esperar de Gabi no que queda de Liga?

Compromiso o 100% en cada partido. Vou pelexar ata o final para axudar ó equipo a conseguir os obxectivos marcados a principios de temporada. Esperemos que poida incrementar os meus números á hora de ver porta e acabar cunha cifra de goles máis elevada. 

 

1- O máis simpático: Tonci

 

2- O máis formal: Javi

 

3- O que me levaría de cañas: Rois

 

4- O máis bromista: Tonci

 

5- O líder: Richi

Entrevista a Rois

Todo bo equipo ten que ter un bo porteiro, e o Castroverde conta ca mellor portería da categoría. Alberto Rois foi a fichaxe estrela deste verán procedente da S.D. Outeiro de Rei, onde militou na última campaña. Carácter, compromiso, ilusión e gañas por mellorar día a día son alguns dos adxetivos que definen a este gardamallas. Un pesadelo para calquera dianteiro, bo xogo aéreo, bo trato de balón e uns reflexos a altura de calquer felino fan de Rois un porteiro de outra categoría. 

 

1- Que cousas resaltarías da S.D. Castroverde?

Cando fichei pola SD sabía que me iban recibir moi ben e que iba estar moi a gusto, pero a verdade e que aínda foi máis do que agardaba. Desde o primeiro día sentinme como se xa levara alí máis tempo, o recibimento e o trato por parte de todos foi e é inmellorable desde que cheguei. Somos como unha familia e eso nun equipo e algo fundamental.

 

2- A falta de 10 encontros para rematar a liga, que lle agarda ó equipo?

Pois xusto vimos dunha derrota moi dolorosa, e máis para min xa que cometín un par de erros que nos privaron de poder levarnos o empate polo menos. Ademais acabamos de perder o liderato logo de moitas xornadas e a cousa aprétase algo máis, sabemos que queda pouco e ahora máis que nunca témonos que animar e motivarnos mais se cabe e afrontar este final de temporada con máis ganas e máis compromiso por parte de todo o equipo para lograr o obxetivo.

 

3- Cales son para ti as claves para conseguir o ascenso?

As claves para lograr o ascender son que nos 10 partidos que quedan temos que saír o campo o 120%, xa que todos che dan que facer como non salgas metido no partido. E logo pois seguir unidos como ata ahora e animarnos cando as cousas non saian ben , igual que pasou este finde, que perdimos, pero a xente esta animada e con ganas de que chegue domingo e gañar.

 

4- Que te levou a fichar polo castroverde?

(Risas) esta pregunta esperábama! Pois a verdade e que foi algo improvisto, o ano pasado estaba xogando no equipo do meu pobo, en Outeiro de Rei, e a verdade e que non foi un bo ano para min porque me costou adaptarme e despois a segunda parte da temporada estiven lesionado e pouco disfrutei do fútbol, cando acabou a temporada quería seguir alí porque a xente portouse xenial conmigo e moitos eran coñecidos xa de antes, pero no tema futbolístico non tiña tan claro que quería seguir e o final marchei. Tuven algunha oferta, entre elas a da SD, penseino moito e finalmente decidín fichar porque aquí teño amigos desde a infancia como Antón, Fran ou Gabi e Gigán que tamén ficharon este ano, e para min xogar cos amigos e algo moi bonito, ademáis que a moitos dos meus compañeiros de equipo xa os coñecía de antes tamén. A parte deso, a SD mostrou moitisimo interese en ficharme, Richard sobretodo, ata me ofreceu xogar co 10! (risas) e eso é algo que valoro moito, xa que é un equipo que se interesou moitisimo e que me daban todas as facilidades posibles.

 

5- Que obxectivos persoais te marcas esta temporada?

Bueno como obxectivos persoais, antes de nada vou decir que a ver se non me manco máis (risas) xa que por ahora so puiden xogar 6 partidos no que vai de liga. E polo demais, o único que quero e poder ser importante neste equipo e demostralo cada partido para o final lograr o obxetivo que todos queremos. Outro obxetivo que me marco tamén, é estar máis tranquilo nos partidos e dedicarme solamente a xogar, que boa falta me fai (risas).

 

1- O máis simpatico: Tonci

 

2- O máis formal: Jesús

 

3- O que me levaría de cañas: Gigán

 

4- O máis bromista: Dani

 

5- O líder: Richard

 

Entrevista a Manu López

Na súa primeira temporada na S.D. Castroverde, Manu López converteuse nun dos referentes ofensivos do equipo verdiblanco. Con 8 goles en 10 partidos é o cuarto xogador con máis goles marcados da categoría e o pichichi do equipo. Todos goles de dianteiro centro puro, estando onde hai que estar e cando hai que estar. Velocidade, potencia, traballo e sacrificio son os adxectivos que mellor definen a este rapaz.

 

1- Contabas marcar os goles que marcaches?

Non sei, contaba mais ben con ter moita participación no ataque e colaborar o máximo posible. Os goles foron chegando por moitas variables, como por exemplo, os bos pases que me daban, o traballo de non dar un balón por perdido ou en ocasións por fortuna.

 

2- Como te sentes na túa primeira temporada na S.D. Castroverde?

Síntome moi ben, paso xenial tanto nos adestramentos como nos partidos e desfruto do fútbol con compañeiros inmellorables.

 

3- Como esperas que sexa a segunda volta?

Espero que sexa igual ou mellor (si se pode) que a primeira. Vai ser difícil pero hai que seguir na liña na que estamos, conseguir o ascenso e incluso pelexar pola copa.

 

4- Cal é a clave para levar 9 vitorias en 11 partidos?

Eu penso que o traballo en xeral do equipo, defendemos ben, xogámola ben e acabamos con boas finalizacións. Creo que isto é tanto mérito dos xogadores como do adestrador de manternos a un bo nivel.

 

5- Que obxectivos persoais te marcas para o que queda de temporada?

Continuar aumentando o máximo posible ese número de goles porque iso quere dicir que estaremos máis cerca do obxectivo, e desfrutar ó máximo cada partido.

 

 

- O máis simpático: Richard

 

- O máis formal: Carlos Gemelo

 

- O que me levaría de cañas: Antonio

 

- O máis bromista: Pablo

 

- O líder: Marcos Gemelo

Entrevista a Diego

Na súa primeira temporada na S.D. Castroverde, Diego Gigán está a aportar moitas cousas ó equipo. A súa visión de xogo, intensidade, sacrificio e compromiso están a ser de moita axuda á hora de sacar partidos adiante. Non so destaca no futbolístico a súa boa adaptación a vestiario dan de Diego un dos máis dicharacheiros e juerguistas. Nesta primeira volta perdeuse varios partidos por lesión, esperemos que de agora en diante o respecten e a Veiga do Olmo poida desfrutar de Diego.

1- Despois de tantos anos sen pisar o verde, como te sentes na túa volta ós terreos de xogo?

Encantado co equipo. Custoume asimilar outra vez os conceptos do fútbol, pero con adestramentos tan bos e con unhos compañeiros tan espectaculares , todo resulta máis sinxelo.

2- Que te levou a fichar polo Castroverde?

Non entraba dentro dos meus plans volver xogar, pero necesitaba darlle un xiro a miña vida e deixar de lado,  polo momento, unha das miñas verdadeiras paixóns que é adestrar en baloncesto.

 

3- Cales son as claves para ser campión de inverno?

Creo que arrancamos moi ben a tempada, cunha carga de traballo importante. Temos un adestrador que se preocupa polos rivais e ao longo da semana nos da as claves sobre o seguinte encontro, e despois os xogadores. Creo que temos a mellor portería de longo da categoría, unha defensa moi sería e experimentada, no medio gústanos xogar a pelota e arriba temos a xente como Gabi, Carlos, Richard ou Gelo que se asocian moi ben e teñen gol como amosan os números ao remate da primeira volta. Non me esquezo do pichichi ¡un animal! Manu López, confésome admirador da súa forma de xogar.

4- Cales son os teus prognósticos para a segunda volta?

Moi complicada, levamos vantaxe, pero cando xogas contra o líder todos teñen unha motivación extra. Vamos traballar cada adestramento para seguir sendo fortes e co obxectivo claro que é o de ir a gañar o seguinte partido. O seguinte partido é sempre o máis importante.

5- Despois de disputar unha volta cales son para ti os rivais máis complicados?

Monterroso B foi o equipo que máis nos tivo contra as cordas. Paréceme un equipazo. Portomarín conta cuns xogadorazos, O Incio e un súper equipo, moi traballado para a categoría que é, e por último o Rio Sil un equipo moi intenso. Creo que cada partido como visitante presenta as súas dificultades.

1- O máis simpatico: Tonci

 

2- O máis formal: Javi

 

3-O que me levaría de cañas: Rois

 

4- O máis bromista: Dani

 

5- O líder: Richard

Entrevista a Antonio

A velocidade é unha faceta moi prezada no fútbol, esa calidade xunto coa súa explosividad fan de Antonio un bo xogador. Desmarque tras desmarque sempre busca balóns en espazos libres donde xera moito máis perigo que recibindo en estático.  A súa intensidade fai que ademais de xogar en banda tamén se poida desenvolver na punta do ataque, resultando un incordio para calquera defensa rival.

 

- A falta de un partido, como cualificarías a primeira volta da S.D. Castroverde?

Moi boa.

 

- Cal crees que é a clave para ser líderes?

A clave é que este ano estamos tendo máis facilidade para marcar gol. O ano pasado xogando igual de ben non conseguíamos marcar.

 

- Como prevés a segunda volta?

Espero que boa, fixemos algo importante na primeira e o obxectivo sería igualala ou mellorala para devolver o antes posible o Castroverde a segunda.

 

- Cales foron os rivais que máis che gustaron?

Monterroso B e Incio, xusto os dous rivais contra os que non puidemos conseguir os 3 puntos.

 

- Que obxectivos persoais te marcas para o que queda de temporada?

O obxectivo que me marco é axudar o máximo para que o Castroverde ascenda a segunda, para min sería perfecto.

 

 

-O máis simpatico: Tonci

 

-O máis formal: Javi

 

- O que me levaría de cañas: Manu López

 

- O máis bromista: Dani

 

- O líder: Marcos Gemelo

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8