SD Castroverde

Noticias

Indulto Sanciones

Desde a semana pasada hai un novo presidente da Federación Galega de Fútbol. Como ven sendo habitual, ó entrares un novo presidente soe aplicar medidas de gracia con respecto a sancións que non sexan moi graves.

Neste caso, todas as sancións de menos de catro partidos para xogadores impostas ata a xornada do 12-13 de marzo (incluído) quedan invalidadas, polo que os xogadores poderán participar nos partidos normalmente. Así mesmo, tódalas tarxetas amarelas acumuladas ata esa xornada quedan anuladas, así que os que estivesen apercibidos de sanción por acumulación de tarxetas ou levasen a conta por algún motivo, que saiban que todos volvemos a cero tarxetas.

Para máis información, PDF

 

 

Equipos Clasificados

EQUIPOS CLASIFICADOS ELIMINATORIA PREVIA

 

PARTE SUPERIOR DO CUADRO

 UD Folgueiro 5-3 Galdo
Sacido 8-3 Ourol
San Roman 2-5 Alfoz
Celta Barreiros 3-3 Mondoñedo
Pontenova 0-4 Pastoricense
Goiriz 3-8 Abadin
Rioaveso 5-3 Catro Roldas
Roupar 3-2 Codesido
Momán 1-3 Xermade
Cazás 3-0 Cospeito
Pol 2-2 Meira
Bonxe 2-3 Matela
Parga 2-5 Friol
Muralla 5-1 Polvorin
Residencia 3-1 Luis Pimentel

 

PARTE INFERIOR

 San Roque 1-0 Comercial
Garabolos 3-7 San Lázaro
Pradeda 2-5 Sagrado Corazón
Laxosa 0-7 Santa Comba
Paradela 4-1
Portomarín
Antas 1-4 Monterroso
Arenas 1-6 Calasancio
Rio Sil 3-1 Sober
Barrela 3-5 Chantada B
 

A SD presenta ao seu novo técnico

Javier López Sánchez, Javi é o novo adestrador da Sociedade Deportiva Castroverde para a vindeira campaña 2010/2011.

Foi presentado este pasado viernes na veiga do Olmo e alí transmitiu a súa ilusión por ganar o máximo número de partidos.

Javi, ten unha larga traxectoria como adestrador, pero destaca o ascenso co Santa Comba, a primeira rexional.

Por outra parte a xunta directiva quere agradecer publicamente a Óscar Carballal o seu bo facer, e axuda prestada nas últimas xornadas da pasada camapaña..

Novo Adestrador

Óscar Carballal Díaz é o novo adestrador da Sociedade Deportiva Castroverde polo que resta de temporada, tralo acordo acadado o pasado viernes.

Esta será a segunda etapa de Ócar o frente do equipo despois dunha primeira etapa onde deixou o equipo nos primeiros postos da clasificación. Con este cambio intentarase confirmar a continuidade na categoría e chegar o máis lexos na inminente copa diputación.

A xunta directiva quere agradecer a súa predisposición para facerse cargo do equipo e axudar nesta nova etapa.

Grandela deixa de ser adestrador

A xunta directiva da Sociedade Deportiva Castroverde e Juan Carlos Grandela, acordaron hoxe nunha reunión efectuada tralo partido correspondente a xornada 19 da segunda rexional grupo VII, diante do Sober, e de mutuo acordo, rescindir o compromiso que ambas partes tiñan ata final de temporada, para que Juan Carlos deixe de ser o máximo responsable do equipo.

Nesa mesma reunión a xunta drectiva ven de acordar que desde ese momento e ata a finalización da presente campaña os xogadores que forman parte desta xunta tomarán o relevo na parte técnica, desta nova etapa ao frente do banquillo.

A xunta directiva quere agradecer publicamente a Juan Carlos Grandela os servizos prestados como entrenador durante esta última temporada e media na que se conseguiu un ascenso, e deixa o equipo nunha boa situación clasificatoria para non pasar apuros na presente temporada.

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8