SD Castroverde

Grandela deixa de ser adestrador

A xunta directiva da Sociedade Deportiva Castroverde e Juan Carlos Grandela, acordaron hoxe nunha reunión efectuada tralo partido correspondente a xornada 19 da segunda rexional grupo VII, diante do Sober, e de mutuo acordo, rescindir o compromiso que ambas partes tiñan ata final de temporada, para que Juan Carlos deixe de ser o máximo responsable do equipo.

Nesa mesma reunión a xunta drectiva ven de acordar que desde ese momento e ata a finalización da presente campaña os xogadores que forman parte desta xunta tomarán o relevo na parte técnica, desta nova etapa ao frente do banquillo.

A xunta directiva quere agradecer publicamente a Juan Carlos Grandela os servizos prestados como entrenador durante esta última temporada e media na que se conseguiu un ascenso, e deixa o equipo nunha boa situación clasificatoria para non pasar apuros na presente temporada.