SD Castroverde

Entrevista Marcos Arias

 

Marcos Arias é un dos defensores da nosa portería. Como moitos compañeiros mencionan noutras entrevistas, o Castroverde conta ca mellor portería da competición. Uns reflexos felinos e unha valentía tremenda á hora de saír debaixo dos paus fan de Marcos un pesadelo para calquera dianteiro.

 

1- Cal é o partido máis complicado dos 7 que quedan?

Monterroso

 

2- Que partido gardas con especial recordo desta temporada?

O primeiro contra o Portomarín, que despois de ir perdendo dous cero no minuto dez, logramos a remontada.

 

3- Como definirías a SD?

O Castroverde é un equipo moi competitivo e cun gran plantel, tanto como equipo como compañeirismo que é o máis importante.

 

4- Cales foron os rivais que máis che gustaron?

O Monterroso B e o Rio Sil foron os que máis fortes e difíciles.

 

5- Contabas estar a estas alturas en postos de ascenso directo?

A verdade e que si porque sei o equipo que temos e que con ganas podemos ganarlle a calquera equipo da categoría.

 

 

1- O máis simpatico: Antón

 

2- O máis formal: Mario

 

3- O que me levaría de cañas: Richard

 

4- O máis bromsita: Dani

 

5- O líder: Marcos Gemelo