SD Castroverde

Dúas caras nun mesmo partido

O pasado sábado a S.D. Castroverde disputou o primeiro partido como local neste 2017. O rival era o Pradeda, que chegaba a Veiga do Olmo logo de afrontar a xornada de descanso. Comezaba o partido con dominio local, sen ocasións claras de gol pero co control do partido e o dominio do balón. Froito deste dominio, no minutos 10 unha contra levada a perfección por parte dos atacantes locais da lugar o 1-0, obra de Carlos Gemelo. Sería o propio Carlos o que no minuto 30 poñería o 2-0, un gol de belísimas factura, logo de enganchar unha volea na frontal da área. Pouco despois unha serie de despistes defensivos permítenlle o Pradeda acurtar distancias, Diego Castro remata un centro lateral e Rois non pode facer nada por evitar o tanto. Con este resultado chegábase o descanso.

A volta dos vestiarios a tónica seguía a ser a mesma, o Castroverde non pasaba polos seus mellores minutos, non conseguía facerse co control do partido. Como consecuencia destes malos momentos do equipo local, o Pradeda aproveita un balón longo as costas da defensa para poñer o empate a 2, algo impensable na primeira media hora de partido. A raíz deste gol o Castroverde deu un paso adiante para poder levarse os 3 puntos. Gelo por partida dobre e Marcos Gemelo serían os autores dos 3 goles que anotou a SD na segunda parte. 

Con esta vitoria e o empate do Monterroso en Rio Sil, volvemos a colocarnos de líderes, un punto por enriba do Monterroso e a oito de Rio Sil, Incio e Portomarín que están empatados a 29 puntos na terceira posición.