SD Castroverde

Mal comezo de ano

No primeiro partido do 2017 a S.D. Castroverde visitou o campo de San martiño para enfrontarse ó Quiroga. O partido comezaba cun equipo local moi intenso que tiña o control do partido pero sen xerar ocasións. Puido adiantarse o Castroverde en dúas ocasións por medio de Javi e de Manu, que mandaron fora dous rexeites do porteiro  local. Sería o Quiroga o que se adiantaría logo dun balón longo as costas da defensa visitante. A peor noticia do partido chegaría pouco antes do descanso cando Iago chocou cun rival e na caída sufriu unha fractura de clavícula.

A volta dos vestiarios o Castroverde buscou o empate, tiña o control do partido, froito deste dominio Richard anotaba o empate, gol anulado por un dubidoso fora de xogo. Cando mellor estaba o equipo visitante, outro balón a espalda da defensa costáballe o segundo gol o Castroverde. A pesar disto os verdiblancos non baixaron os brazos, no minuto 80 un defensa local derriba a Gabi dentro da área. O arbitro sinalou penalti, Richard sería o encargado de transformalo e acurtar distancia no marcador. Pouco despois o colexiado volveu anularlle outro gol o Castroverde por fora de xogo, nesta ocasión obra de Diego, igual que o primeiro foi unha decisión moi protestada polo equipo visitante. A 5 minutos para o final o Quiroga rouba un balón en área rival e anota o 3-1 definitivo. 

Con esta derrota perdemos o liderado e pasamos a ocupar a segunda posición, un punto por detrás do Monterroso e seis por encima do Rio Sil.

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8