SD Castroverde

Entrevista a Marcos Gemelo

O entrevistado de hoxe é un dos capitáns, o motor do Castroverde, o xogador referencia, un crack tanto dentro como fora do campo. Hoxe entrevistamos a Marcos Gemelo, “O gemelo malo”, posiblemente o mellor medio-centro da categoría, un xogador que domina todas as facetas do xogo, tanto che pode gañar unha disputa aérea como regatear a tres rivais para dar unha asistencia. Nas súas 9 temporadas na Veiga do Olmo, Geme converteuse no pulmón da S.D. Castroverde.

 

- Como ves o equipo despois da primeira derrota da temporada?

Foi unha decepción non gañar contra o Incio xa que escapariámonos un pouco na clasificación. O Incio fixo un bo partido e a sorte non nos acompañou. O equipo está desexando que chegue o domingo para intentar gañar en Becerrea.

 

- Cales son os puntos fortes do Castroverde?

A parte de que temos un gran equipo o máis importante para min é a unión que temos no vestiario, axudándonos sempre entre todos.

 

- Con que recordos te quedarías nos anos que levas no equipo?

Falando de fútbol o mellor recordo foi o do ascenso a segunda xa que se levaba loitando moito tempo. Esperemos repetilo este ano (risas). Fora do fútbol temos moitos recordos boísimos.

 

- Calos son as claves para acadar o ascenso?

Para min unha das claves é seguir adestrando como o estivemos facendo ata agora e saír os partidos e gañar cada un deles.

 

- Que obxectivos persoais te marcas esta temporada?

O meu obxectivo e axudar ó equipo a ascender de novo. Espero que as lesións me respecten. Outro obxectivo é conseguir a cervexa coa miña foto (risas).

 

 

O máis simpatico: Tonci

 

O máis formal: Javi

 

O que me levaría de cañas: Dani

 

O máis bromista: Gabi

 

O líder: Richi