SD Castroverde

Entrevista a Mario

A entrevista de hoxe é a un xogador de equipo, un xogador de vestiario, un xogador que sente como ninguén a S.D. Castroverde, hoxe entrevistamos a Mario Valiño. Na súa 5ª temporadas no Castroverde, é un dos xogadores máis queridos no vestiario, o seu carácter afable e solidario fan del un compañeiro magnífico. Destaca a facilidade que ten para golpear o balón con ambas pernas. Todo equipo debería ter un Mario no seu vestiario.

 

- Que prognóstico fas das 5 xornadas que quedan da primeira volta?

Hai que ser ambiciosos, esperemos conseguir as 5 vitorias para completar unha volta perfecta e ter máis preto o obxectivo do ascenso que nos marcamos a principios de temporada.

 

- Cales son os puntos fortes do equipo?

Diría que todo o equipo é forte. Temos a mellor portería do grupo, ata diría que é mellor que a maioría de equipos de superior categoría, unha defensa moi sólida, un medio do campo espectacular que leva a batuta dos partidos e a dianteira que nos deu un puntiño máis de intensidade.

 

- A principios de temporada contabas estar a estas alturas sen perder?

Non é doado levar 7 partidos sen perder ningún punto, pero era outro obxectivo que nos marcamos ó comezar, facer un bo inicio de temporada e acadar o ansiado ascenso canto antes.

 

- Cal foi para ti o mellor partido no que vai de temporada?

O do Quiroga na casa, partido moi serio dominando o partido de principio a fin e con moitas ocasións de gol, deixando ó rival sen practicamente ocasións.

 

- Que obxectivos persoais te marcas para esta temporada?

 

Axudar en todo o que poida ó equipo para conseguir o ascenso e facer un bo papel na copa, e si cae algún golin que outro benvido sexa.

 

 

O máis simpatico: Tonci

 

O máis formal: Carlos Gemelo

 

O que me levaría de cañas: Manel

 

O máis bromista: Dani

 

O Líder: Marcos Gemelo