SD Castroverde

Entrevista a Manel

Con tan so 22 anos, Manel Arrojo é un dos líderes da defensa verdiblanca. Destaca pola súa velocidade e a súa contundecia, o que fan del un seguro de vida para calquera porteiro. Esta é a segunda tempada consecutiva na S.D. Castroverde, xa que tamén estivera no equipo en idade xuvenil. A súa altura fai de Manel unha ameaza aérea para as defensas rivais nas xogadas a balón parado. 

 

- Cal é a clave para seguir invitos despois de 7 xornadas?

Eu creo que o compromiso que está mostrando todo o equipo esta temporada está sendo clave para salir “enchufados” a todos os partidos, ademáis de que todo temos entre cella e cella volver canto antes a segunda autonómica. A tempada pasada foi un mazazo para todos e queremos resarcirnos o antes posible.

 

- Que sente un defensa sendo o equipo menos goleado do grupo?

Pois é unha sinal de que estamos facendo o traballo ben feito, non so os defensas, senón todo o equipo, empezando a presión na liña de ataque. Despois en defensa xa nos coñecemos todos moi ben e resúltanos fácil entendernos nos partidos. Tamén contamos cos dous mellores porteiros da categoría, que sen dúbida axudan moito.

 

- Despois do teu paso polo fútbol sala, como foi a readaptación ó fútbol campo?

O “gusanillo” do fútbol non o perdín nunca, sempre foi o que máis me gustou e cando podía xogar alguna pachanga aproveitaba. Tamén e verdade que o principio costoume algo colocarme no campo e coller algúns conceptos básico, algún que outro control co balón escapábase uns metros (risas).

 

- Cales son para ti as claves para acadar o ascenso?

Seguir con este compromiso que estamos tendo todos e saír en todos os partidos a morrer no campo para conseguir as vitorias. Todos sabemos que vai ser unha tempada dura e con partidos duros polo que temos que tratar de ter os mínimos erros posibles e seguir estando acertados de cara a portería.

 

- Que obxetivos persoais te marcas para esta tempada?

Primeiro hai que conseguir o ascenso como sexa, axudar o máximo nese obxetivo colectivo, no que de momento vamos ben encamiñados. Despois se chega algún que outro goliño, benvidos sexan. Xa levo un, a ver se en algún cornero u xogada a balón parado, gracias o meu bon xogo aéreo, podo mellorar os rexistros do ano pasado.

 

 

O máis simpático: Antón

 

O máis formal: Carlos Gemelo

 

O que me levaría de cañas: Mario

 

O máis bromista: Dani

 

O líder: Marcos Gemelo 

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8