SD Castroverde

Entrevista a Bruno

O entrevistado de hoxe é posiblemente o xogador con mellor xogo aéreo da categoría, sonados son os seus testarazos na Veiga do Olmo. Bruno Prado López cumple a súa oitava tempada na S.D. Castroverde. Unha zurda prodixiosa e un rigor táctico ó alcance de poucos fan de Bruno un dos referentes da nosa zaga. 

- Cal é a clave do bo inicio da S.D. Castroverde?

As ganas de resarcirnos da tempada anterior. O equipo tomouse moi en serio o obxectivo de volver a Segunda Autonómica e iso estase vendo reflexado nos partidos. A xente está moito máis implicada e queremos darlle esa alegría a aficción.

 

- Como valora un defensa coma ti levar máis de 200 minutos sen recibir un gol?

Sen dúbida é un dato para estar orgullosos. Somos unha defensa que xa levamos tempo xogando xuntos e complementámonos moi ben. Así e moito máis sinxelo non encaixar goles e se a iso lle sumamos un porteiro de calidade como Marcos non sería de estrañar que as cifras aumentasen nas vindeiras xornadas.

 

- Como afronta o equipo os seguintes 3 partidos contra rivais directos?

Con moitas ganas e ilusión. Vimos dunha xeira de resultados inmellorable e esperamos seguir igual. Neste tramo de liga vaise ver de verdade que equipos van pelexar por estar arriba e por suposto vamos dar todo o que temos por ser un deles.

 

- Cal é para ti o equipo revelación neste inicio de competición e quen son os teus favoritos para o ascenso?

Máis que revelación vexo equipos que de primeiras ó mellor non son favoritos para estar arriba pero, como por exemplo o Laxosa, son equipos físicos ós que custa gañarlles. Como favoritos ó ascenso vexo moi fortes ó Monterroso e ó Rio Sil. Sen dúbida van pelexar ata o final con nós por acadar o obxectivo.

 

- Que obxectivos persoais te marcas esta temporada?

O mesmo de tódolos anos, aportar sempre o máximo ó equipo e mellorar día a día, e se volvo a marcar outro gol esta temporada moito mellor (risas)

 

 

O máis simpático: Richi

 

O máis formal: Javi

 

O que me levaría de cañas: Dani

 

O máis bromista: Tonci

 

O líder: Marcos Gemelo

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8