SD Castroverde

Entrevista a Gelo

32 goles as súas espaldas nas dúas útimas tempadas, 3º capitán, 10 tempadas no club, xogador referencia nas categorías aficcionadas do fútbol rexional. Estamos a falar do sempiterno Ángel Cabado "Gelo". Unha zurda de ouro que fai as delicias nas bancadas da Veiga do Olmo.

 

- Como ves o équipo neste inicio de competición?

 

Vexo o equipo moi animado e con moitas ganas sobre todo despois das 2 primeiras victorias ante rivais chamados a estar arriba. E verte primeiro na clasificación da moito ánimo.

 

- Que obxectivos te marcas para este ano?

O obxetivo sen duda é axudar ao equipo a lograr o ascenso, e xa postos pois gañar a Liga, a festa sería completa.

 

- Como afronta o equipo a xornada de descanso logo de tres victorias consecutivas?

Afrontámola ilusionados, non se podía empezar mellor, temos que seguir adestrando duro como ata o de agora.

 

- Recordas algún partido con especial alegría?

O partido con máis alegría sen dúbida foi cando logramos o ascenso a segunda fai 8 temporadas contra o Oural. Espero poder repetir ese momento este ano.

 

- Que é o que máis che gusta do equipo?

 

O que máis me gusta é o bon rollo que hai entre todos, somos un grupo de amigos.

 

 

O máis simpático: Richi

 

O máis formal: Javi

 

O que me levaría de cañas: Richi

 

O máis bromista: Os irmáns Tonci e Gabi

 

Líder: Richi