SD Castroverde

Entrevista a Dani

Despois de 6 temporadas na S.D. Castroverde Daniel Novo Fernández "Dani", é un dos principais piares dentro do

vestiario da Esedé. Nativo de Castroverde, este lateral con amplo recorrido caracterízase polo seu carácter afable

e o seu compromiso co equipo.

 

- Como ves o equipo neste inicio de competición?

Vexo a todo o equipo con unha forte decisión e compromiso por acadar os obxectivos marcados.

 

- Que obxectivos te marcas para este ano?

Os mesmos que todos os anos, aportar o máximo ao equipo tanto dentro como fora do campo.

 

- Como afronta o equipo o próximo partido contra o Pradeda?

Igual que os dous anteriores, con moita seriedade e sabendo da importancia de seguir gañando.

 

- Recordas algún partido con especial alegría?

Saes en todos a desfrutalos e coa intención de gañar. Todos os partidos coa Esedé son especiais.

 

- Que é o que máis che gusta do equipo?

Sen dúbida o mellor do equipo é o bo ambiente que temos dentro do vestiario e a complicidade que temos.

 


 

O máis simpático? Tonci

 

O máis formal? Carlos Gemelo

 

O que me levaría de festa? Marcos Gemelo

 

O máis bromista? Pablo

 

O Líder? Richard

 

 

 

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8