SD Castroverde

Bo Xogo pero Pobre Resultado

brollon

O Castroverde desplegou un bo xogo na tarde do domingo, levando a iniciativa en moitos momentos do partido, pero o acerto cara a portería dos rivais foi suficiente para doblegar ós verdibrancos.

Os primeiros quince minutos o balón era visitante. Xogando en curto, e atacando polas bandas, o Brollón só defendía. Sen embargo, nunha xogada aislada, o dianteiro consegue chegar nun man a man co porteiro, que despexa o primeiro disparo pero non pode parar o rexeite. A partir de aquí os locais tiveron máis ocasións, e no 37' Samuel soupo aproveitar a posición adiantada para picar por riba e marcar o segundo. Co dous a cero chegábase ó descanso.

A segunda parte comezou cun gol de Hugo, que se adiantou á saída do porteiro a un centro raso dende a dereita. Co tres a cero o Castroverde non baixou os brazos, seguía tentando atacar. O partido era igualado, pero nestas que apareceu Daniel cun tiro impresionande dende fóra da área que entrou pola escadra. O Brollón xogaba tranquilo, sabéndose gañador, pero a SD non se ía ir de balde. Gelo marcaba de falta directa, por riba da barreira e imposible para o porteiro.

A semana que ven visítanos o Chantada B. Esperamos conseguir unha vitoria que rompa a xeira negativa de resultados das últimas xornadas

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8