SD Castroverde

Máximo Rendemento

chantadaat

O Castroverde estreouse na tempada 14/15 cunha vitoria fóra da casa, diante dun Chantada At. que mereceu polo menos o empate.

Os verdibrancos presentaron no Sangoñedo un equipo de circunstancias debido a importantes baixas. Así Brais e Marcos Gemelo formaron na liña defensiva e o juvenil Rubén Muñiz debutaba na S.D. no mediocentro.

O partido comezou como se prevía por parte do Castroverde, plantados no mediocampo, deixando a salida do balón ó Chantada At. O equipo local lograba combinar, e froito deste dominio crearon a súa primeira ocasión despois dun mal entendemento entre Dani e Brais que non a acertan a despexar, deixando o balón franco para un xogador do Chantada que dispara fóra. Pero o Castroverde non perdeu a concentración e seguiu agazapado, esperando roubar para sair rápido a contra. Sen embargo, foi despois dunha gran combinación cando se adiantou o Castroverde por medio de Abel, que definiu á perfección dentro da área. Co 0-1 no marcador foi cando mellor se encontrou a S.D. no terreo de xogo, elexindo con bo criterio os momentos para presionar e conseguir crear ocasións de gol. Desta volta foi Gelo, quen dentro da área non acertou a levalo esférico o fondo das mallas. Pero o Chantada non se rendiu, e nunha falta na liña de 3 cuartos, Marcos Gemelo non acerta a despexar, despitando na salida a Aitor que non pode facer nada para evitar o empate chantadino a 10’ para o descanso.

Tra-lo receso o Castroverde acusou o gol do empate, e foi cando chegaron os mellores momentos do Chantada At. facendo máis claro o seu dominio con boas combinacións e xenerando perigo. Nunha destas accións Aitor fixo alarde de reflexos e sacou un balón a bocaxarro, cando xa se cantaba o gol na grada. O Castroverde daba por bon o empate, pero non así o Chantada At., e logo dunha pérdida de balón no borde da área, os locais adiantábanse no marcador a falta de 15’ para o final. Todo apuntaba a que o Castroverde volvería de baleiro para a casa, pero nunha xogada por banda izquierda, un centro dos verdibrancos peta na man dun defensa dentro da área e o árbitro cobrou o penal. Marcos Gemelo poñía o empate desde os 11 metros a falta de 10’ e ahí si parecía rematar o partido.

Máis a zaga dos locais cometeu un dos escasos erros da tarde, e intentando ceder de cabeza o seu porteiro, deixan a Mario sólo contra o meta. Mario con sangue fría definiu coma un crack e cruza o balón que entra lambendo o pau esquerdo. Co 2-3 non houbo tempo para máis. Tres puntos importantes que culminan un debut inmellorable.

Fdo. Jose Pereira

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8