SD Castroverde

O Castroverde Anticipa As Vacacións

A S.D. Castroverde finalizou a tempada tras quedar apeado da Copa Deputación polo Santa Comba que derrotou ós locais por un gol a cinco nun encontro que dominou de principio a fin.

O xogo non puido empezar mellor para os visitantes xa que ós cinco minutos adiantábanse cun gol de cabeza perante uns locais que en todo momento foron superados en tódalas liñas polo Santa Comba. Lonxe de reaccionar os locais seguiron a mercede dos rivais e así continuaron chegando as ocasións ata que nun disparo lonxano o Santa Comba facía o segundo e puña xa case que imposible a vitoria local, e así se chegaba ó entretempo.

Na segunda metade os locais tentaron reaccionar pero de novo ós dous minutos da reanudación o Santa Comba facía o terceiro tras transformar unha falta dende o borde do área e acababa con toda esperanza verdibranca. Dende ise intre os locais con todo perdido comezaron a chegar con certo perigo e froito diso tiveron as primeiras ocasións que o arqueiro visitante salvou perfectamente ata que Richard cun disparo dende o borde da área facía o un a tres que da nada serviría xa que os visitantes á contra acadaban outros dous tantos que puideron ser moitos máis de estar un pouco máis atinados ante unha desarbolada defensa local.

Así se puña fin a tempada salvándose do descenso en liga e deixando unha mala imaxa na Copa que oxalá se mellore na vindeira tempada.

LIGA FANTÁSTICA

O M.V.P....................JUAN 3 PUNTOS.

O IMPRESCINDIBLE...........CARLOS 2 PUNTOS.

O CUMPRIDOR................FRAGA 1 PUNTO.

Clasificación

3ª Autonómica 16/17

# Equipo X G E P Ptos
1 SD Castroverde 24 18 4 2 58
2 Portomarín CF 24 17 3 4 54
3 Monterroso B 24 17 3 4 54
4 Incio Terrabrava 24 14 5 5 47
5 CD Río Sil 24 14 4 6 46
6 Quiroga FC 24 13 5 6 44
7 SD Paradela 24 10 6 8 36
8 Pradeda CF 24 11 1 12 34
9 CD Lajosa 24 5 6 13 21
10 CD Guntín 24 4 6 14 18
11 SD Antas B 24 3 3 18 12
12 Relampago Taboada 24 3 2 19 11
13 FC Becerreá 24 2 2 20 8